O sábado 13 de Decembro realizamos a primeira das tres actividades de Decembro para continuar coa restauración ambiental do Fonteliño (río Couso), no Porriño.

Nesta ocasión centraremos os traballos na eliminación dos rebrotes de acacia e na plantación de arbustos nas beiras do río de modo a evitar a erosión que as riadas causan habitualmente no Inverno.

Como sempore levaremos ferramentas, luvas, botas de auga e moitas ganas de ver como o noso río vai recuperando o seu estado natural!

Programación

Serán tres xornadas, todas elas en horario de 11:00 a 13:00, nas que, despois dunha breve charla explicando os obxectivos da actividade, repartiremos luvas e ferramentas entre os participantes

Datas

  • Sábado 13 decembro
  • Sábado 20 de decembro
  • Sábado 27 de decembro

Punto de encontro: rúa leandro Diz, 5 (ao lado do paso inferior da liña do tren)