O pasado sábado 26 de xaneiro tivo lugar unha nova actividade de Sapoconchos, desta volta no viveiro de Verdegaia.
13 rapaciñ@s desfrutaron dunha xornada de plantíos de sementes de xilbardeira (Ruscus aculeatus) en tetra-bricks, e colaboraron nas tarefas de transplante das arboriñas do ano pasado.
O día soleado e a chocolatada final, con biscoito incluído, encheron de ledicia ós/ás pequenos/as traballadores/as… e, como non, tamén ás/os monitores/as participantes.
E en febreiro será a seguinte actividade!! Xa vos iremos informando…