Verdegaia e a confederación ecoloxista estatal Ecologistas en Acción veñen de chegar a un acordo para a colaboración entre ambas entidades, reforzando deste modo a relación que manteñen desde a fundación da asociación ecopacifista galega.
Ecologistas en Acción aposta por Verdegaia como organización ecoloxista referente en Galiza, ao tempo que Verdegaia recoñece a Ecologistas en Acción como o seu referente a nível estatal. En virtude deste acordo de colaboración, ambas organizacións poderán desenvolver campañas conxuntas en Galiza, Verdegaia poderá editar en galego materiais elaborados por Ecologistas en Acción, e a confederación ecoloxista estatal poderá editar nas demais linguas do Estado materiais elaborados por Verdegaia, co consentimento previo da outra parte e recollendo os logotipos de ambas entidades.
Verdegaia, que encuadra esta colaboración no principio de acción en rede, distribuirá, ademais, en Galiza, a revista Ecologista.