O vindeiro 6 de xaneiro, Palestina.gal levará a cabo unha acción de protesta e visibilidade do que esta a sufrir o pobo Palestino.

Esta acción levarase a cabo na Praza da Igrexa (diante da concatedral) de Vigo ás 11.30 h. e pretende denunciar un xenocidio silenciado polo aparato sionista, que pouco a pouco rouba e mata as vidas das persoas palestinas. Sabemos que segue o saqueo, a colonización e o roubo de terras, a construción do muro, bombardeos, asasinatos diarios, encarceramentos arbitrarios, aínda que que non saia todo isto no telexornal diariamente.

Así, o xenocidio segue día a día, mentres a comunidade internacional mira cara outro lado.