Galicia encabeza as estatísticas da última década, en canto a superficie afectada e número de incendios, salvo os anos 2003 e 2005 que coincidiron con dous grandes incendios forestais nas comunidades autónomas de Estremadura e Andalucía. En Galicia quéimase ano tras ano, aproximadamente o 50% da superficie total que arde en todo o Estado español e rexistra o 40% dos incendios.
Xa que logo, non parece recomendable nin serio, lanzar mensaxes á opinión pública desde as Administracións públicas e de determinados partidos políticos, insistindo no carácter excepcional da situación. O único que se podería considerar excepcional dos actuais incendios é o feito de que se concentran en parte da franxa máis densamente poboada de Galicia, zona caracterizada, ademais, por unha extrema dispersión xeográfica froito dunha mala/nula ordenación territorial. Históricamente Galicia é das Comunidades Autónomas cunha maior porcentaxe de incendios con causa descoñecida, concretamente en 2004 un 40% dos incendios ocorridos deebéronse a causas descoñecidas. Os incendios forestaforestaiss requiren e demandan unha análise máis detallada e certeira, que axude a desenmascarar os elementos e motivaciones que conducen inexorablemente a Galicia a encabezar ano tras ano as estatísticas de incendios forestais. Só así acadarase unha solución definitiva do problema.
Ademais dunha intencionalidad premeditada para obter beneficios concretos co lume, danse outras situacións onde a orixe hai que situalo en malas prácticas e uso do lume inaxeitadas e de alto risco, como as arraigadas queimas agrícolas e para obtención de pastos, o emprego de lume en áreas de descanso, zonas de acampada e recreativas, etc.
Precisamente en Galicia permítense aínda actividades xa prohibidas noutras comunidades autónomas. A Xunta de Galicia permite o uso de lume nas áreas recreativas, zonas de acampada e áreas de descanso da rede de estradas. Non existe normativa que regule a eliminación de residuos ao aire libre a diferenza da maioría das Comunidades Autónomas.
Tamén permítese a circulación en vehículo a motor polas pistas e camiños forestais en época de máximo perigo de incendio forestal. Ademais tolérase a utilización de maquinaria forestal e agrícola nas áreas forestais e próximas a estas, ata no periodo máis crítico (maio-novembro). Ao mesmo tempo, permítese a utilización de artefactos pirotécnicos nas festas populares. A suma destas situacións de risco supuxo no 2005, case o 21% dos incendios forestais que desvastaron o Estado.
A todo isto cómpre engadir un elemento agravante: tras décadas de xestión forestal insustentable (política continuada pola actual Xunta), os montes galegos, abarrotados de plantaciones de especies pirófitas e pechados de maleza, atópanse nunhas condicións óptimas para a rápida expansión do lume.
Verdegaia e Ecologistas en Acción consideran fundamental traballar en varios ámbitos con obxecto de reducir o risco de incendios forestais e o grado de vulnerabilidade da poboación:
1. Laboura informativa e de sensibilización da poboación, particularmente á rural. En moitos casos os incendiarios están localizados e coñécense os seus nomes e lugares de residencia. Se non se establece un vínculo de colaboración e compromiso por parte da cidadanía, as posibilidades de avanzar na solución do problema son mínimas.
2. Elaboración e aprobación de Plans de Autoproteción para os pobos, aldeas, casas rurales, camping, e instalacións en xeral situadas en zonas de medio e alto risco de incendios forestais.
3. Elaboración e aprobación de normativa que regule adecuadamente as prácticas de lume, tanto as agropecuarias como as recreativas.
4. Aumento e mellora dos equipos de investigación de causas de incendios forestais. É fundamental determinar a orixe dos incendios forestais. Para iso, o traballo de investigación débese de realizar con absoluta solvencia. A maioría de procedementos ou casos penais acaban sobreseídos por falta de probas e pola descoordinación entre os numerosos profesionais e corpos que interveñen na extinción e na investigación de causas.