thumb_ra01.jpgO pasádo sábado, activistas das entidades constituíntes da Rede Anticapitalista concentráronse na Praza de Praterías de Compostelaen resposta ao chamado á mobilización global contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema "Decídelle oa G-20 que o primeiro é a xente". Ra! é unha rede para a mobilización cidadá. Integrada por organizacións sociais e persoas a título particular. O seu obxectivo é xerar sinerxías na procura dunha masa crítica que permita superar o sistema capitalista e as crises que o acompañan.

A RA! agromou en decembro de 2008 axudada polas reflexións do Foro Social Galego. Forman parte dela colectivos e persoas a titulo individual. Están integrados, polo momento, os seguintes colectivos, que animan a todos e a todas a unirse á rede: Altermundo, Amarante, A Baiuca Vermelha, Cemma, CGT-Pontevedra, CGT-Arousa, CIG-Servizos, Enxeñeiros Sen Fronteiras, A Gentalha do Pichel, Implicadas no Desenvolvemento, Médicos do Mundo, Marcha Mundial das Mulleres, Ospaaal, Foro de Inmigración, Panxea, Ais O Peto, Sindicato Labrego Galego, Sinerxia, Verdegaia, Véspera de Nada, Veterinarios sen Fronteiras, Whipala e A.C. Xermolos.

Podes coñecer máis sobre a RA! na súa web