O venres 19, ás 19:30, terá lugar en Pontedeume unha charla organizada por Verdegaia e o colectivo Fusquenlla sobre a problemática do lago das Pontes e o río Eume. Intervirán Xosé Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía da UDC; Mónica Arto, secretaria do núcleo comarcal de Verdegaia, e Concha Ferreiros, química e membro de Adega. O acto terá lugar no IES Breamo (R/Ricardo Sánchez, a rúa que leva cara ao río, collendo á dereita ao chegar á gasolineira antes da ponte).