A Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas, achegouse o pasado 21 de maio, até o rexistro central da Xunta de Galicia para facer entrega de 86.421 sinaturas en contra dos tratamentos aéreos con Flufenoxuron para combater a praga do gorgullo do eucalipto. Estes apoios contra as fumigacións colleitáronse grazas a unha campaña desenvolvida en Internet, durante as últimas semanas, no portal charge.org baixo a denominación “Salvemos as abellas de Galicia” (http://www.change.org/petitions/salvemos-las-abejas-de-galicia-queremosabellas  ).Fumigación eucaliptos

Ademais de rexistrar a relación de asinantes e o texto que estes e estas apoiaron (pódese consultar na ligazón web anterior), a Plataforma contra as Fumigación fíxolle entrega a través do rexistro á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, dunha cesta con produtos da terra -hortalizas, froitas e mel- que están seriamente ameazados se, finalmente, se fan estas fumigacións aéreas e se exterminan as abellas, que amais de produtoras de mel son un axente polinizador indispensable para moitos cultivos hortofrutícolas.

Ligazón ao vídeo da entrega: http://www.youtube.com/watch?v=wliE2GBcN7o&feature=youtu.be