Verdegaia rexeita coa maior rotundidade a declaración por parte da Consellería de Innovación de Festa de Interese Turístico para a Festa do Boi de Allariza publicada no DOG do 20 de xuño.

Calqueira espectáculo, festa, tradición ou como quer que se llechame que teña a súa razón de ser no trato cruele denigrante sobre un animal non so non debera ser de intereseturístico senón que debe ser expresamente prohibida.Unha suposta recuperación de tradiciónsnon pode ser de ningunha maneira escusa para reeditar usos e costumesque atentan contra outros seres vivos coa banal e irresponsábele scusa do lecer. Unha tortura prolongada e consciente non é cultura, senón unha aberrante mostra do desprezo do ser humano polo resto dos seres vivos cos que comparte planeta.

A Declaración Universal dos Dereitos do Animal, aprobadapola Organización das Nacións Unidas para a Educación,a Ciencia e a Cultura (UNESCO) no ano 1977 e posteriormente pola ONU,sinala no seu artigo 10 que ningún animal pode ser explotadopara o lecer do ser humano e que as exhibicións e osespectáculos que empreguen animais son incompatibles coa dignidade do animal.

Lamentábelmente, aínda que a Lei 1/93 de Proteccióndos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade da Comunidade Autónoma de Galicia reflicte no seu artigo 5 a prohibiciónde usar animais en espectáculos, pelexas, festas populares eoutras actividades se iso pode ocasionarlles danos, sufrimentos oufacelos obxecto de tratamento anti-natural, tamén engade a salvidade de excluír do ámbito de aplicacióndesta lei a festa dos touros, os encerros e demais espectáculos taurinos, nunha pirueta legal absolutamente inxustificábel e que desvirtúa o conxunto da lei.

Verdegaia demanda da Consellería de Innovación e Industria a retirada daDeclaración de Interese Turístico á festa do Boi de Allariz e a prohibición definitiva de toda clase de espectaculos que supoñan maltrato animal, modificandoconsecuentemente a lexislación para incluír osespectaculos taurinos de calquera caste nesta prohibición.