O vindeiro sábado 22 de outubro a Federación Ecoloxista Galega promove un encontro no Courel para visitar ás zonas afectadas polos lumes deste verán, partillar impresións e ideas coas comunidades locais de cara a previr que algo así volva suceder e estudar a posibilidade de organizar futuras accións de voluntariado na zona.
Verdegaia ofrece o traballo das Brigadas Deseucaliptizadoras para colaborar nos labores de recuperación ambiental no Courel.
O programa completo é este:
12h Chegada do grupo ao Courel e recepción polas entidades e persoas locais en Parada dos Montes.
12:15 – 14h Visita de recoñecemento á contorna.
(traslado ao xantar a Froxán)
14:30h – 16:30h Xantar común na Casa da Aira.
16:30h – 18h Encontro aberto no antigo local da Taberna da Píntega.
18:30h – 19:30h Encontro máis limitado, tratar da posible colaboración da FEG en realizar actividades de voluntariado na zona.
19:30h Despedida da xornada (que non do Courel).
