Os vindeirso 7 e 8 de novembro, a FEG organiza as xornadas "R de redución: menos lixo é mellor" coas que pretende debater e falar encol da Redución, o primeiro dos 3 R, e que, aínda que aparece en todas as leis e plans de xestión de residuos, remata por ser a esquecida. Contarán con poñencias mais teóricas, onde falaran sobre a ética da redución, o efecto da publicidade sobre o consumismo e a xeración de residuos, o traballo que se ten feito (ou non) sobre redución desde a educación ambiental, aspectos económicos… e completarán este apartado cunhas comunicacións sobre experiencias ou iniciativas na redución, nas que participará unha representante da Fundació Catalana per a la Prevenció dels Residus i el Consum e tamén representantes de diversos colectivos e administracións de Galiza. Fica pendente a confirmación dalgún colectivo de Portugal. Podes obtermáis información na súa web
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
1 día fai
No mes de xullo volvemos ao río Fonteliño (Porriño). Desta feita aprenderemos como actuar sobre dúas especies: a Tintureira (Phitolacca americana) e a Xuncia (Cyperus eragrostis). Como se controla? Como se eliminan? Ven e compartiremos experiencias!
Non é necesaria inscrición.
... Ver máisVer menos
2 días fai
12 de xullo: acción “A volta das bestas” en Froxán (Lousame)![]()
Apúntante e fai posible a volta das bestas en Froxán!
A Brigadas botaron a andar fai agora case 8 anos no monte veciñal de Froxán. Durante este tempo, deseucaliptizamos medio cento de hectáreas, plantamos máis de 20.000 árbores nativas e recuperamos unha turbeira neste monte declarado Área Conservada por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais (ICCA) polo Programa da ONU para o ambiente.![]()
Agora a comunidade de Froxán está a dar un paso decisivo reintroducindo cabalos salvaxes no monte. A sua desaparición nos anos 1980 contribuiu á matorralización da paisaxe, incendios cada vez máis intensos e á degradación dos hábitats de turbeira e queirogal.![]()
Montescola está formando unha grea inicial de 10 bestas que sirva como núcleo inicial para a recuperación das poboacións na contorna. Esta semana ceivaeremos as tres primeiras no monte: son Estrelada, Noa e Martiño (as da foto!!).
Mais precisamos a vosa axuda para os últimos traballos de acondicionamento do peche de 8,5 hectáreas que vimos de completar, dentro do cal tamén macharemos rebentos de eucaliptos tombados nos últimos meses.
A roga deste domingo 12 de xullo comezará ás 10:00 e estará seguida do tradicional xantar de albaroque que celebraremos ao aire libre.![]()
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org
... Ver máisVer menos

















