En marzo voltamos ao Monte Veciñal en Man Común de Contimunde, Cuvela e Rois (no concello de Rois), onde xa estivemos en febreiro deste ano e en maio de 2025 machacando rebentos de eucalipto nunha zona que a Comunidade está traballando para recuperar os hábitats de carballeiras e bosque de ribeira. A acción permitirá conectar unha zona de carballeira ben conservada con outras próximas e coa ribeira do río Rois. Ao acabar, albaroque no Centro Social de S. Mamede de Roi.
Apúntate até o xoves 19 neste formulario: https://brigadas.belcoda.com/events/21-de-marzo-deseucaliptizamos-rois
VÉMONOS NO MONTE !!!
A tua doazón conta!
Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.




















