A debilidade da economía local está servindo para asentar o poder dos grandes capitais. O alto nivel de paro e precariedade permite ao sistema afondar na reforma neoliberal do mercado de traballo, recortar as pensións e as coberturas sociais, ao tempo que as políticas económicas para enfrontar estes problemas están claramente orientadas a rescatar as persoas máis ricas e poderosas en vez de garantir o benestar dos sectores populares.
Palestra a cargo de Francisco Ferrer do Seminario Taifa de Economía Crítica de Barcelona.
Xoves 23 setembro ás 20h na Escola Popular Galega, Rua Real,12, Vigo.
Organizan: GAS, Verdegaia e a ODS de Coia.