12 Meses, 12 Saberes: Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio

No mes de abril organizamos o roteiro ‘A agua en Compostela’, un roteiro ao redor da traída de agua e usos comunitarios da mesma.

Visitaremos locais emblemáticos como o Acueduto da cidade (Ponte Mantible), o Bairro de Vite e o Miradouro do Monte de Deus para achegarnos ao proceso de evolución histórico-ambiental de Compostela.

Mesmo sendo Verdegaia unha asociación ecoloxista, o patrimonio cultural sempre ocupou unha posición importante dentro da asociación. Denunciamos movementos de terras que danificaron mámoas, organizamos roteiros entorno a petroglifos e moiños naviculares e, nesta ocasióm, optamos por un roteiro que conxuga a defensa do medio ambiente co patrimonio histórico, patrimonial e cultural nunha zona moi próxima ao centro de Compostela..

.Data: Domingo 27 de abril, de 16:30 a 19:30

.Punto de encontro: Igrexa de San Caetano (Compostela)

.Inscrición: A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando un número de teléfono e o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos.