Este ano celebramos o día do naturalismo que lembra o nacemento do pioneiro ambientalista Frei Martiño Sarmiento cunha xornada de limpeza e eliminación de especies invasoras no río Fonteliño (Porriño)

As actividades que promovemos e realizamos as asociacións ecoloxistas fundaméntase no coñecemento acumulado ao longo do tempo por persoas que como Sarmiento se implicaron no estudo dos procesos naturais demostrando que entendelos é a chave para conseguir o tan ansiado equilibrio entre humanidade e Natureza. 

Este domingo 9 de marzo seguimos coas actividades de restauración ambiental do río Fonteliño. A organización levará luvas e as ferramentas necesarias.

Inscricións: ata o día anterior a cada actividade, en vigo@verdegaia.org ou no 691 657 039