sábado 8 de xuño a Asociación Comuneiros do Chá convócanos a continuar coa erradicación da invasora Helichrysum petiolare.

A técnica de erradicación é sinxela e básicamente manual polo que é moi importante que as persoas voluntarias traian luvas preferentemente de coiro pois no terreo hai brotes de toxos mesturados cos helichrysum a erradicar.

Traballaremos repasando a zona onde se actuou o ano pasado e atacaremos algún pés consolidados na contorna dos miradoiros, para estes últimos pode ser de utilidade a fouce e o sacho, a organización dispón dalgunha ferramenta máis as persoas voluntarias tamén poden traela se o desexan.

Trátase dun traballo sinxelo nun terreo de pouca pendente e desbrozado polo que a xornada é perfectamente apta para crianzas e persoas maiores. Se hai tempo farase un roteiro polas mámoas do monte e o recinto dos cabalos.

punto de encontro será ás 9:00 h no Viso (Entre san Cristobal e Martín) hai unha explanada onde deixaremos os coches, fronte a ela un camiño que sube ó Chá e a 500 m comeza a zona de actuación.

Para apuntarse é imprescindible, ademáis de estar inscrit@ como brigadista  http://verdegaia.org/brigadas/formulario-de-inscricion-como-brigadista mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com  antes do venres 7 de xuño.

Tras a actuación sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo, para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.

VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.