O sábado 8 de agosto Verdegaia, xunto co Foro Social de Cangas e os mariñeiros de Cangas, chantarán unha superbandeira negra no lugar onde se quere facer o porto deportivo de Massó, símbolo da destrución que se pretende facer do Plan de Instalacións Náutico-Deportivas que pretende ocupar todo o litoral galego.
Escollemos Cangas por ser a representación da represión e da defensa das forzas da autoridade ós intereses privados e especulativos e non ós intereses públicos e de toda a cidadanía.
O programa do día é este:
11:00 h. Limpeza da zona do porto.
Para esta actividade, convidámosvos a todas/os a traer sacos e luvas para recoller lixo. Este é un acto simbólico para pór en valor a zona.
12:00 h. Rolda de prensa coa presentación do Informe de Bandeiras Negras 2009.
12:00 h. Os mariñeiros ocuparán a lámina de auga na que se quere construír o porto deportivo.
Despois destes actos, farase unha foliada, para o que é preciso que traiades os vosos instrumentos musicais e, por suposto, comida e bebida.
Facilitámosvos tamén a nota de prensa que enviamos e agardámosvos a todas/os en Cangas este sábado para defender a legalidade e o medio, que é de todas e non dunhas poucas persoas.
PORQUE ONDE VIVIMOS A VERDEGAIA SI LLE IMPORTA (E Ó FORO SOCIAL DE CANGAS E ÓS MARIÑEIROS DE CANGAS).