rf_01.jpgUn espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias percorrendo unha costa de extraordinaria beleza. Esta nova iniciativa de Verdegaia pretende apostar por outra forma de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante no que empregaremos un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta. O "turismo de alforxas" permitiranos coñecer paseniñamente unha parte importante do litoral norte galego, convivindo con outras persoas ciclousuarias e compartindo un tempo de lecer que de seguro atoparemos moi enriquecedor. Un espazo de encontro de ciclousuarios e ciclousuarias percorrendo unha costa de extraordinaria beleza. Esta nova iniciativa de Verdegaia pretende apostar por outra forma de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante no que empregaremos un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta. O "turismo de alforxas" permitiranos coñecer paseniñamente unha parte importante do litoral norte galego, convivindo con outras persoas ciclousuarias e compartindo un tempo de lecer que de seguro atoparemos moi enriquecedor.

Adentrarémonos en espazos naturais únicos, atravesando catro Zonas de Especial Protección de Aves (ZEPA) como son a Ría de Ortigueira e Ladrido, a Costa da Mariña occidental (arredor da ría de Viveiro), a Ría de Foz e Ribadeo. Visitaremos un espazo cualificado de monumento natural e Lugar de Interese Comunitario (LIC) encadrado na Rede Natura como é a praia das Catedrais, e o tramo costeiro de Estaca de Bares, situado a cabalo das rías de Ortigueira e O Barqueiro, dunha sobresaínte beleza paisaxística. Coñeceremos vilas de fonda tradición mariñeira, como O Vicedo ou Burela, o principal porto atuneiro galego. En definitiva, un percorrido de gran atractivo paisaxístico e etnográfico no que tamén poderemos ollar os impactos que o descontrol urbanístico ou grandes empresas como Alcoa poden ter sobre o noso litoral.

Esta rota está pensada para que poidan facela persoas ciclousuarias de calqueira nivel. Non ten grandes desniveis e a contida lonxitude dos tramos permite facelos de vagar, coas paradas que se precisen.

Organización:

Cada persoa corre cos seus propios gastos. Merca e elabora a súa propia comida e pedalea libremente polo rota recomendada (ou non) ao seu ritmo, portando os seus enseres.

Verdegaia como organizadora velará polo bon desenvolvemento do roteiro e xestionará o lugar de durmida. Nestes momentos estase a negociar cos concellos a posibilidade de cesión de polideportivos para este fin. Posiblemente sexa preciso aportar unha pequena cantidade en concepto de colaboración.

A saída será o día 7 de agosto desde Ortigueira, recomendándose durmir alí a noite do 6 para o que procuraremos ter un lugar preparado. A rota rematará o día 9 en Ribadeo.

As etapas son: (nas ligazóns podedes ver o plano e o perfil das mesmas)

Etapa 1: Ortigueira – Viveiro (http://www.bikemap.net/route/515398)

  • Distancia: 36.5 km
  • Pendente: En parte montañoso – en parte chá
  • Superficie: Asfaltada, Sen asfaltar

Etapa 2: Viveiro – Foz (http://www.bikemap.net/route/515434)

  • Distancia: 50.8 km
  • Pendente: Bastante chá
  • Superficie: Asfaltada, Sen asfaltar

Etapa 3: Foz – Ribadeo (http://www.bikemap.net/route/515458)

  • Distancia: 33.1 km
  • Desnivel acumulado: ca. 150 m
  • Pendente: Completamente chá
  • Superficie: Asfaltada, Sen asfaltar

Etapa 4 – Ribadeo – Ribadeo

  • Paseo tranquilo pola zona e posible visita á Via Verde do Eo


Podédesvos anotar no correo-e info@verdegaia.org indicando nome/nomes, teléfono de contacto, correo-e e enderezo.