A atividade busca crear faixas verdes para a prevención de incendios

As Brigadas deseucaliptizadoras voltan a colaborar coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Leiro (en Rianxo) cunha nova acción para plantar carballos e crear faixas verdes de frondosas e axudar a crear unha paisaxe máis resiliente aos incendios.

Sairemos para a zona de traballos ás 10:00 desde o punto de encontro: o Centro Cultural Vicente Vidal: https://maps.app.goo.gl/AJ9deZCpHiFZmmsw6

A actividade está aberta a todos os públicos e a todas as idades e debedes apuntarvos até o venres 6 de marzo enviando un email a: comunidademontesleiro@gmail.com

(Non se atenden inscricións por outras vías)

Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

Ao acabar, celebraremos o tradicional xantar de albaroque nun local próximo.

Lembramos:

  • Traer calzado e roupa apropiados para andar polo monte en inverno
  • Traer ferramenta se tes: sachos, tesouras de podar, fouces, machadas. Ademais de plantar, realizaranse traballos de poda e eliminación de rebrotes.
  • Traer luvas de protección para o manexo da ferramenta e tamén unha garrafa de auga.


VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.