Apúntante até o xoves 4 e únete á Semana de Acción pola Natureza
As Brigadas únense á Semana de Acción pola Natureza que pomove iniciativas de restauración de proximidade para sensibilizar sobre a importancia de recuperar os nosos ecosistemas. Farémolo con 2 accións simultáneas no Monte do Chá (Ferrol) e no Monte de Froxán (Lousame).
Volven as brigadas ó Monte do Chá esta vez para erradicación de invasoras e recuperación do patrimonio Campo dos Lobos é unha campeira que temporalmente usan os nosos cabalos, está rodeada dun valado de pedra seca de 700 m que a comunidade ten intención de recuperar nun curso de cantería en outubro, pero previamente hai que liberalo dos toxos que aínda o cubren en parte.
As ferramentas útiles serán fouzos, motoserra e desbrozadora, quen non teña pode colaborar retirando os toxos cortados, de paso arrincaremos os Helichrysum petiolare que poidamos atopar na zona. Imprescindible que cada participante traía luvas resistentes, preferentemente de coiro.
Trátase dun traballo sinxelo nun terreo de pouca pendente e desbrozado polo que a xornada é perfectamente apta para crianzas e persoas maiores.
O punto de encontro será ás 9:30 h no cruce do Viso. Alí deixaremos os coches e subiremos a pé 500 m ata a zona de actuación: https://maps.app.goo.gl/VfcBrKMzaSYfPk97A
Para apuntarse é imprescindible mandar confirmación ó correo comunidademontesdocha@gmail.com indicando o día para o que te apuntas, como moi tarde o xoves 4 de xuño.
Tras a actuación, sobre as 14:00 h a organización convidará ás persoas participantes a un xantar colectivo para iso cada persoa deberá traer o seu propio vaso, plato e cubertos, quen teña algún tipo de restricción alimentaria que avise no momento de apuntarse.
VÉMONOS NO MONTE !!!
A tua doazón conta!
Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

As Brigadas Deseucaliptizadoras contan coa axuda da Deputación da Coruña para a realización das actividades


















