En Froxán continúan os traballos na nova zona de actuación na que se está eliminando eucalipto dun habitat de bosque de ribeira adquirido pola Fundación Montescola para a súa rexeneración ambiental e conservación (a da fotografía que aparece neste email).

A mediados de xullo convocarase en fin de semana unha nova roga para completar a deseucalipticación da parcela, máis por motivos de seguranza iremos realizar unha actuación previa o xoves 6 de xullo cun grupo reducido de persoas (máximo 15) para abatir algunhas das árbores que quedaron en pé.

Desta volta a roga será pola tarde (comezamos às 16:00) e faremos unha roga de merenda-cea para as asistentes.

O punto de encontro será o estacionamento do “Quartel da Revolta” (hoje “Restaurante”) no Chán de Avelán, aonde se pode chegar seguindo as indicacións ao Museu Mineiro San Finx. O lugar da intervención está a poucos metros. Na zona hai tamén un parque infantil e pequenas pozas no rego da Silva onde se poderá tomar baño ao ar libre (se o tempo acompaña).

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o martes día 4 de xullo. Por favor, inscríbite só se podes vir. Límite de prazas: 15.

Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

VÉMONOS NO MONTE!

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

A tua doazón conta!

Fai unha achega económica de 1€ ao mes a través de Teaming para que as Brigadas deseucaliptizaroas cheguen aínda máis lonxe. Coas tuas doazóns continuaremos sufragando os seguros das intervencións, comprando árbores e ferramenta e contribuíndo para o empeño das brigadistas voluntarias.