Ven colaborar na recollida de asinaturas!!!
As Brigadas levamos 8 anos promovendo a restauración ecolóxica de espazos naturais degradados por especies exóticas invasoras, monocultivos e incendios. Todas as brigadistas sabemos o duro que é o esforzo que representa. Por iso quixemos dar un paso máis para protexer o traballo de restauración feito, promovendo unha proposición de lei de iniciativa lexislativa popular que, por primeira vez, estabelecerá un tipo de espazo natural protexido para zonas degradadas en proceso de restauración: as áreas de restauración ecolóxica.
Temos até comezos de agosto para reunir 10.000 asinaturas para que o parlamento galego tome en consideración a nosa proposta de lei.
Desta volta xuntarémonos arredor das bestas en Sabucedo, no concello da Estrada, na afamada Rapa das Bestas. O punto de encontro é a caseta da Alarma Terra de Montes e outros colectivos locais, que terán o posto aberto para a recollida de asinaturas durante toda a fin de semana.
Para participar non precisas inscribirte. Só precisas traer:
- Soporte ríxido para apoiar a folla de asinaturas
- Bolígrafo(s)


















