Comeza o curso e retomamos  o programa de obradoiros de "Cociña responsable-mente". Este mes realizaremos o nº3, doces e merendas, no que elaboraremos receitas con doces alternativos ( xiropes, melazas, estevia,…) ao azucre habitual, por toda a súa problemática de cultivo, produción e saúde. Tamén realizaremos patés e pastas con materias máis próximas e de tempada (algarroba, mazás,…). O obradoiro realizarase o venres 18 de setembro, de 19’30h a 21’00h no local da Troita Armada, rúa do pombal 18. Podedes anotarvos en compostela@verdegaia.org  ou chamando ao 676029049 (Sabela). Hai límite de prazas, así que pedimos a familias e/ou parellas que se anoten un só, e que vos anotedes se realmente podedes vir. Queremos darvos as grazas pola vosa participación e informarvos de que podedes consultar nesta páxina algúns dos contidos .