12 Meses, 12 Saberes: Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio
O domingo 31 de maio organizamos unha ruta ornitolóxica pola contorna das Termas de Outariz e Canedo en Ourense.
Entre as aves que seguramente avistaremos destacan o gaio, a estreliña riscada e diversas especies de ferreiriños. No inicio da andaina entregaremos a cada participante unha ficha que facilitará a identificación de cada especie e a contaxe do número de individuos que iremos observando de cada especie.
Ao rematar, e dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.
- Guía: Diego Vieitez
- Data: Domingo 31 de maio, de 11:00 a 13:30
Inscrición: As socias terán preferencia ata o luns 25. A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos, e un número de teléfono.


















