As Brigadas deseucaliptizadoras convocan nova acción de eliminación de eucalipto e acacia nos montes de Baroña (Porto do Son) da man fo proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza do que fai parte Montescola e que organizará diversas actividades de voluntariado na comarca ao longo do próximo ano e medio.

BAROÑA, DOMINGO 30 DE XUÑO

Recuncamos en Baroña o 30 de xuño nunha data moi especial, na que a Comunidade presenta o seu centro de transformación de materias primas. Eliminaremos rebrotes de eucalipto por volta das instalacións do centro entre as 9:30 e as 12:30, uníndonos a continuación ao resto das actividades previstas para a xornada:

11:00 a 19:00 h Mercado de produtos locais
Coa participación de:

12:30 a 13:00 h Presentación do proxecto
Con intervencións de:

  • Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte
  • Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA
  • Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña

13:00 a 13:30 h Exposición do uso dun serradoiro móbil
Coordinada pola Comunidade de montes veciñais de Baroña

13:30 a 15:00 h Degustacións e mostraxe de cociña e degustación co chef José Manuel Mallón, de pratos preparados con carne de poldro galego 100% raza autóctona.  Coa colaboración de PURAGA

17:00 a 18:00 h Degustación de produtos vexetais provenientes do monte e charla sobre obradoiros colectivos de transformación de alimentos. Coa colaboración de Asociación Daquí darredor

18:00 a 19:00h  Foliada dinamizada por grupo pandeireteiras locais Alixeiras, Bailadela, Sete linguas, Chorimas e Sonelas, xunto á banda tradicional de música Suevia do concello de Porto do Son.

Para participar na acción de voluntariado é necesario enviar un email a info@montescola.org ata o venres 28 de xullo. Ofrecerase un pincho ñás participantes ás participantes ao acabar, e ás 13:30 haberá degustación de pratos con carne de poldro de Baroña.

18:00 a 19:00h  Foliada dinamizada por grupo pandeireteiras locais Alixeiras, Bailadela, Sete linguas, Chorimas e Sonelas, xunto á banda tradicional de música Suevia do concello de Porto do Son.

VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.