A Fundación Montescola organiza unha nova plantación de castiñeiros na Área Conservada pola Comunidade de Froxán, en Lousame, para o sábado 30 de marzo. Coa plantación búscase crear un cortalumes verde como parte das actividades do proxecto “Comunidade Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático”, no que participa Montescola.

A plantación do sábado día 30 está aberta a todos os públicos e a todas as idades e nela plantaremos castiñeiros nunha zona na que se está combatindo a presenza de acacia. Partiremos para a zona de traballos ás 9:30. En paralelo organizaremos un obradoiro de poda forestal. Podedes apuntarvos  até o xoves 28 de marzoenviando un email a info@montescola.org

Ofrecerase o tradicional xantar de albaroque ao finalizar os traballos.

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.