A Rede Social Galicia Sur en relación coa convocatoria feita onte 21 de maio ás 20 horas á cidadanía viguesa para a construcción da 2ª CADEA HUMANA arredor do edificio da GOTA DE LEITE como acto de reivindicación e reclamación urxente da apertura inmediata do Centro de Inclusión Social e Albergue Público na cidade de Vigo, manifesta:
– Que a convocatoria foi un rotundo éxito contou coa participación de máis de 500 persoas que rodearon o edificio en sinal de apoio e reclamación firme da súa apertura e que participaron ademais no acto simbólico da súa inauguración celebrado na porta dunhas instalacións adicadas históricamente como centro de acollida.
– Que a extraordinaria resposta ofrecida onte pola cidade de Vigo en relación coa posta en marcha do Centro de Inclusión Social e Albergue Público visibiliza con contudencia a necesidade deste recurso e o apoio rotundo á Xunta de Galicia para que axilize os trámites pertinentes para a súa apertura.
– Desexamos recordar que a Rede Social Galicia Sur atópase á espera de resposta por parte do Presidente da Xunta de Galicia, D.Alberto Núñez Feijoo, a Conselleira de Traballo e Benestar Dona. Beatriz Mato e a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Dona. Lucía Molares sobre á reunión solicitada para abordar o estado do proxecto de apertura deste dispositivo con interese de colaborar e apoiar para que sexa XA unha realidade.
– Que no emocionante e entrañable acto celebrado no día de onte houbo un clamor aplaudido por tódalas persoas alí presentes: "Que o Presidente da Xunta de Galicia, D. Alberto Núñez Feijoo, veña con urxencia á inauguración oficial do Centro de Inclusión Social e Albergue Público da cidade de Vigo". Alí estaremos apoiando e celebrando, por fin, a súa apertura.
– Dende a Rede Social Galicia Sur desexamos agradecer á cidadanía onte convocada no edificio do Fogar San Paio- "Gota de Leite" a súa participación incondicional, a súa resposta firme de apoio e reclamación dunha SOLUCIÓN XA PARA AS PERSOAS SEN FOGAR!