Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega . Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info
Programa
Sábado 27 de Febreiro de 2010
10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP
10:30 h. Palestra:
Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
Carme Freire (SLG ), Paul Nicholson (EHNE )
12:00 h. Mesa Redonda:
Vivir da Terra
Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar ), Antonio Carral (O Alle )
14:00 h. Pausa para xantar
16:30 h. Palestra:
Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)
18:00 h. Palestra:
Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
Domingo 28 de Febreiro de 2010
10:30 h. Palestra:
Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo )
12:00 h. Mesa Redonda:
Vivir do Mar
Emilio Louro (Mar de Lira ), Representante da Confraría de Cangas , Fermín Fernández (Algamar )
14:00 h. Pausa para xanta
16:30 h. Palestra:
Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)
18:00 h. Mesa Redonda:
Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
Proxecto Amorodo/Lentura , Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel
diptico_xornadas_sa_isap_2010 145.83 Kb
cartaz_xornadas_sa_isap_2010 319.30 Kb