Organizado por Verdegaia e Aturuxo, o vindeiro 27 de xuño celébrase un mercadiño de troco en Boiro. Desenvolverase de 20:30 a 22:30 na rúa Peonil (Zona da Praza de Abastos). No caso de mal tempo trasladarase ao local social de Aturuxo (r/Principal, 118)
Related Posts

DENUNCIA
Entradas Facebook
9 horas fai
12 meses, 12 invasoras: Arundo donax (Cana). Actividade de restauración ambiental no río Couso, O Porriño. Terceira intervención, sábado 2 de decembro.
As primeiras intervencións foron un éxito de participación e de traballo nas que puidemos retirar unha grande cantidade de lixo e avanzamos na eliminación de especies invasoras, algo que permitirá á vexetación autóctona crecer dun modo natural. Aínda nos fica moito lixo e moitas invasoras que retirar para conseguir restaurar o río Couso polo que animamos a que este sábado 2 de Decembro nos acompañes nesta última xornada.
A participación é gratuíta pero é necesaria inscrición previa
www.verdegaia.org/wp/12-meses-12-invasoras-outubro-arundo-donax-cana-actividade-de-restauracion-a...
... Ver máisVer menos
4 días fai
Palestina 27N, Non é unha guerra, é un Xenocidio
A solidariedade galega co pobo palestino non pode decaer!
Porque o cesamento do fogo temporal en Gaza nin oculta nin vai deter os plans do sionismo xenocida, coa plena complicidade dos EUA e da UE.
Por iso, o vindeiro luns 27-N, saiamos de novo ás rúas para berrarmos: “non é unha guerra, é un xenocidio!”
(Consulta horarios e localidades)
www.verdegaia.org/wp/palestina-27n-non-e-unha-guerra-e-un-xenocidio/
... Ver máisVer menos