cartel2web.jpgO vindeiro sábado 27 de setembro celébrase a 2ª Masa Crítica Galega en Ferol. Achegaranse ciclousuarios e ciclousuarias de toda Galicia na que se pretende sexa unha xornada lúdico-reivindicativa onde defender que outra forma de movérmonos é posíbel!.

A Masa Crítica é unha “coincidencia organizada” de ciclousuari@s que realizan un paseo colectivo pola cidade. Este evento celébrase mensualmente en máis de 350 cidades de todo o mundo, baixo o lema “Pedaléa todolos días, celébrao unha vez ao mes” Comezou en San Francisco (EE.UU) no ano 1992 a partires dunha xuntanza da SF Bike Coalition,Chris Carlsson propuxo que posto que había moita xente pedaleando polo centro e que as condicións para facelo eran realmente malas, por qué non quedar unha vez ao mes, facersnos visíbeis entre nos mesmos e ao resto da cidade e voltar a casa todos/as xuntos/as?. A idea aceptouse rápidamente e na primeira “quedada” xuntaronse 60 a tras un ano eran máis de 600.

En Galicia celébranse nas seguintes cidades:

  • A Coruña. Todos os primeiros venres de cada mes ás 20:00 dende a Praza de María Pita.  Ver foro
  • Santiago de Compostela. Todos os últimos mércores de mes ás 20:30 dende a Praza de Galicia. Ver foro
  • Vigo. Todolos primeiros domingos de cada mes ás 11:00 horas dende a Praza de América. Ver web
  • Ourense. Últimos xoves de mes ás 20:00 dende o Pavillón dos Remedios. Ver blog
  • Ponteareas. Todos os últimos venres de mes ás 20:00 na Praza da igrexa. Ver blog / Ver foro
  • Ferrol. Os últimos xoves de mes ás 20:15 na Praza do Inferniño Ver foro

A masa crítica galega do 27 supón o segundo encontro a nivel galego de ciclousuarios e ciclousuarias , organizado neste caso polos participantes da Masa critica de Ferrol. O anterior foi en Compostela.

A saída desta II Masa Crítica Galega será o 27 de setembro ás 12:00 dende o peirao de Cruxeiras con este percorrido

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao remate do mesmo, os e as participantes faremos un xantar colectivo no Parque da Casa do Patín. Pola tarde haberá unha mesa redonda sobre mobilidade e remataremos con xogos populares e música.

Agardámoste!