- O obxectivo de reutilización e reciclaxe europeo marcado para 2020 era do 50%, pero España ficou no 40,5% e, o pior, o dato de 2021 volveu descender até o 36.7%.
- As solucións pasan por deixar de enterrar residuos sen tratar, implementar de maneira xeralizada a recollida da materia orgánica e ampliar e cumprir cos obxectivos de reutilización.
·Faltan leis, transpomos as directivas europeas tarde e as leis que temos non se cumpren. A xestión dos residuos en España necesita un cambio de rumo inmediato e pedimos amparo á Comisión Europea con esta denuncia para que isto ocurra definitivamente,
Unha ampla alianza de entidades da sociedad civil, entre a que se encontra Verdegaia, dicimos basta ante a xestión dos residuos en España e denunciamos o Reino de España ante a Comisión Europea (CE) por incumprir o obxectivo comunitario de reutilización e reciclaxe do 50% para 2020. Os datos oficiais confirman o que varias destas organizacións temos avanzado hai dous anos: en España en 2020 reciclouse o 40,5% dos residuos municipais. E, por tanto, as 26 entidades decidimos levar ao Estado español ante Bruxelas para pedir o amparo da CE e conseguir reverter esta situación. “Levamos anos denunciando incumprimiento, taxas de reciclaxe moi baixas en calidade e cantidade, nula presenza de políticas de prevención e reutilización, demora na trasposicións de directivas e leis que non se cumpren. A xestión dos residuos en España non funciona”.
Os datos da memoria oficial do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico son claros: en 2020 reciclouse só o 40,5% dos residuos municipais. E as previsións das entidades asinantes son que, se nada cambia, vai seguir incumpríndose os obxectivos en 2025 (55%) e 2030 (60%). “De feito, a cousa vai a pior. O avance de Eurostat sitúa a ratio de reciclaxe de España para 2021 en 36,7%, polo que o dato de 2020 non mellora, senón que baixa. Ademais, pronto non se poderán contar os residuos bioestabilizados como reciclados, polo que a realidade é que só se recicla unha cuarta parte dos residuos (24,3%)”.
Entre os denunciantes sumámonos organizacións de distintos perfís e ámbitos, como as principais organizacións ambientais do estado ou organizacións de diferentes territorios como Baleares, Navarra, Euskadi, Catalunya, Canarias ou Galiza, onde se están sofrendo as consecuencias sociais, ambientais e económicas deste incumprimento. “Vértense ao ano 11 millóns de toneladas de residuos, o que equivale a 800 estadios de fútbol ou 1 kg de lixo por cidadán e día. Isto non son só estatísticas, é a nosa realidade: vertedeiros colmatados, entornos naturais contaminados e a saúde das persoas en risco”.
A denuncia é unha “chamada de socorro” ante unha situación que hai anos que está “estancada e que, máis que mellorar, empiora”. De feito, antes incluso de aprobarse o RD de envases o 27 de Decembro pasado, “o PP presentou unha Proposición de Lei que se está discutindo no Parlamento e que pide rebaixar os obxectivos de prevención, reutilización e reciclaxe por ser demasiado ambiciosos. Non podemos confiar en que se vaia cumprir a Lei de Residuos e o resto de normativas ante esta táctica de obstaculizar calquer pequeno avance”.
Na rolda de prensa, as entidades denunciantes pedimos ao Estado español compromisos e solucións reais, que pasan por: “pór fin ao vertido de materiais sen tratamento, implantar a recollida separada da materia orgánica de maneira definitiva, regular os fluxos que nen sequer teñen un sistema de Responsabilidade Ampliada do Produtor e desenvolver, monitorizar e cumprir coas medidas de reutilización, entre outras medidas”. Vamos a seguir denunciando o Estado español as veces que fixer falta até que esta situación cambie, porque a redución de residuos é chave para o desenvolvemento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel da Axenda 2030 e están intrinsecamente ligados á emercencia climática”.
Trackbacks/Pingbacks