Anótate até o xoves 23 de Novembro!

En Mondariz-Balneario queremos seguir botándonos ao monte. Na roga do sábado 26 de novembro actuaremos sobre unha parcela de titularidade pública moi afectada polas vagas de incendios. No 2018 fixéramos unha primeira plantación por sementeira con crianzas e familias da vila. Cos anos toxo, xestas, mimosas, eucaliptos e silveiras invadiron de novo o terreo.

Desta volta o obxectivo é continuar coa roga anterior: seguir limpando, cortando e desbrozando, ademais de sementar cebada para nutrir a terra.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a ester.outr@gmail.com até COMO MOI TARDE o xoves 23 de novembro. Lembrade que as prazas son limitadas. O punto de encontro é o estacionamento do cemiterio ás 9:30 h.

Lembramos ás brigadistas que traian roupa e calzado axeitados para a choiva e o exceso de toxo; luvas, copo, prato e cubertos propios. O albaroque tamén inclúe opción vegana e daremos máis datos unha vez inscritas.

Lugar de encontro: Cemiterio de Mondariz Balneario

Moeda Social A Sabia

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.

A tua doazón conta!

Fai unha achega económica de 1€ ao mes a través de Teaming para que as Brigadas deseucaliptizaroas cheguen aínda máis lonxe. Coas tuas doazóns continuaremos sufragando os seguros das intervencións, comprando árbores e ferramenta e contribuíndo para o empeño das brigadistas voluntarias.

VÉMONOS NO MONTE!