O sábado 25 de abril organizamos unha ruta dentro da campaña 12 meses, 12 saberes, polo Parque Natural do Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, un dos seis parques naturais que temos na Galiza.
Conta cun extenso sistema dunar de gran valor natural no que a Duna móbil é un dos maiores atractivos: ademais de estar en constante movemento, é a máis grande do noroeste peninsular con 1 quilómetro de longo, 250 metros de ancho e 15 metros de alto.
Ao longo da ruta tamén observaremos a ave máis representativa deste espazo natural: a Píllara das dunas. Aproveitando que está en tempada de reprodución, observaremos as técnicas que o Parque leva a cabo para protexer esta especie catalogada como Vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas.
- Guía: Antom Fortuna
- Data: sábado 25 de abril, de 10:30 a 13:30
- Punto de saída: Aparcadoiro da praia do Vilar (Ribeira) – 42°33’09.5″N 9°01’38.4″W
- Dificuldade: baixa – 4 km
Inscrición: Limitada a 20 persoas, as persoas socias terán preferencia ata o luns 20 de abril
A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos, e un número de teléfono.




















