Este sábado 22 de Marzo organizamos dúas actividades na comarca da Louriña.
Río Fonteliño: actividade de restauración ambiental
Pola maña realizaremos unha nova xornada da restauración ambiental do río Fonteliño, desta feita, e pola proximidade co Día da Árbore, realizaremos unha plantación de varias especies propias do ecosistema fluvial.
Data: Sábado 22 de marzo, de 11:00 – 13:00
Punto de encontro: rúa Leandro Diz, 5 (O Porriño)
Non é necesaria inscrición
Observación de anfibios nas Gándaras de Budiño
Pola noite teremos unha actividade de observación de Anfibios nas Gándaras de Budiño. Será a terceira entrega da campaña 12 meses, 12 saberes deste ano. Aproveitaremos que as noites húmidas son o mellor momento para observar Tritóns, Limpafontes e Ras.
Observación de anfibios
Dentro da campaña 12 Meses, 12 Saberes: Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio
Dadas as características deste roteiro será imprescindible que cada participante leve:
- botas de auga
- chuvasqueiro e roupa de abrigo
- lanterna
Lembramos que a actividade consistirá na observación de anfibios e do seu hábitat, en ningún caso poderemos tocarlles porque involuntariamente podemos causarlles un dano irreparable.
No mes de Marzo imos ata as Gándaras de Budiño (O Porriño) para unha xornada de observación de anfibios. Se o ano pasado no monte Aloia observamos varios limpafontes, tritóns e rás a plena luz do día, desta feita a visita será en horario nocturno, o que nun principio nos asegura a observación dun maior número de anfibios.
.Data: Sábado 22 de marzo, de 21:00 a 23:00
.Punto de encontro: Aparcadoiro dos observatorios ornitolóxicos das Ribeiras do Louro (O Porriño)
A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando un número de teléfono e o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos.
Escolle a actividade que máis che guste e ven descubrir o gozo das actividades no medio natural. O teu corpo e a túa mente, agradecerano!




















