- Do 26 ao 29 de xuño, Santiago convértese no epicentro do debate ibérico sobre a mobilidade ciclista, cun programa que reúne máis de 85 palestras con expertos de España, Portugal, outros países de Europa e Latinoamérica.
- Referentes mundiais da mobilidade sustentábel como Melissa Bruntlett (Modacitylife), Henrik Kristensen (Concello de Copenhague) ou Marie Joly CEREMA, Franza, compartirán a súa visión da bicicleta durante o Congreso
Do 26 ao 29 de xuño, Santiago de Compostela acolle o 21º Congreso Ibérico «A Bicicleta e a Cidade», que reunirá a máis de 150 ponentes e expertos de España, Portugal, outros países de Europa e Latinoamérica para abordar os principais reptos e oportunidades da mobilidade ciclista no ámbito urbano e territorial.
Organizado por ConBici (da que forma parte Verdegaia), a Federação Portuguesa de Ciclismo e a organización local Composcleta, o congreso celébrase no Auditorio de Galicia e na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Durante catro días, a capital galega convertirase en punto de encontro chave para institucións, profesionais, colectivos ciclistas e cidadanía interesada na transformación urbana desde a mobilidade sustentábel.
Os días 27 e 28 de xuño desenvolveranse as principales sesións do Congreso, organizadas en torno a grandes bloques temáticos que exploran a bicicleta como ferramenta de transformación urbana, climática e social. Aboradaranse cuestións como a planificación e gobernanza territorial, a infraestrutura ciclista, a loxística urbana sustentábel, a perspectiva de xénero, a saúde pública, o turismo en bicicleta e a cultura ciclista.



















