O sábado 21 de marzo as asociacións Verdegaia e Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde organizamos unha limpeza na praia da Madorra para retirar a inxente cantidade de lixo que o mar devolveu á costa ao longo do Inverno.

Unha desfeita que sucede todos os anos pero que este ano, coa sucesión de temporais, é especialmente nefasta. Tal como se observa no cartaz a praia acumula unha grande cantidade de envases, utensilios de pesca, plásticos…

Con esta actividade pretendemos recuperar o estado natural do areal e divulgar o problema que supón o abandono de residuos no medio natural. O medio mariño é especialmente prexudicado porque é onde rematan non só os residuos botados directamente ao mar pero tamén os que son botados aos ríos e moitos dos que son abandonados en terra e por acción do vento chegan ao mar.

Materiais

A organización levará luvas, bolsas e ferramentas.

Os participantes terán que levar calzado e roupa axeitada para pasar unha mañá con temperaturas frescas a carón da costa.

Programación

Sábado 21 de marzo de 09.30 a 13:30 (non é necesario participar ao longo de toda a xornada)

Punto de encontro

Acceso sur á praia da Madorra (Rúa Tomás Mirambell, Nigrán)

Máis info: vigo@verdegaia.org ou 647 45 26 87