As Brigadas Deseucaliptizadoras volven á comunidade de Baroña para continuar os traballos de eliminación de especies exóticas invasoras. O sábado 20 machacaremos rebrotes de eucalipto e acacia nunha encosta na que as Brigadas xa plantaron centos de frondosas en anteriores edicións.

A roga terá lugar de 10:00 a 14:00, rematando cun albaroque con produtos locais.
O prazo para se apuntar acaba o mércores 17 de xuño.
Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org
VÉMONOS NO MONTE !!!


















