Na parte da tarde, presentación de “UN MONTE TODOS OS MONTES!
Precisamos da vosa axuda e colaboración.
A Asociación Boca de Sapo mantén un acordo de «custodia do territorio» sobre estes terreos propiedade do Concello de Corcubión para promover a súa restauración ecolóxica, actuando sobre o Monte Cambeiro – Amarelle e o Monte de Santo André.
Dentro do marco deste acordo e en colaboración coa Concellería de urbanismo, Medioambiente e Sustentabilidade do Concello de Corcubión a Asociación Boca de Sapo Comunidade ecosocial e cultural, anunciamos unha convocatoria de voluntariado ambiental para participar o vindeiro sábado 18 de abril nos labores de deseucaliptización do Monte Santo André de Corcubión unha parcela de 16 hectáreas recentemente intervida para a eliminación de eucaliptos.
Fai pouco realizouse unha tala de eucaliptos no Monte Santo André, e agora precisamos impedir os rebrotes
As persoas interesadas en participar neste fermoso acto de colectividade podedes enviar un correo electrónico a: bocadesapo.corcubion@gmail.com antes do 14 de abril indicando nome e apelidos e teléfono.
Programa da xornada:
- 9:30 h – Punto de encontro e benvida na parte alta do Monte Santo André (Na zona coñecida coma o “Repetidor” . Coordenadas: 42.954413, -9.202384. Preparación das ferramentas
- 14:00 h – Recollida e peche da xornada.
- 14:30 h – Xantar de albaroque.
- 17:00h – Peche de xornada coa presentación da publica-acción UN MONTE TODOS OS MONTES
Unha “publica-acción” para repensar o monte galego desde a cultura, a gobernanza e a memoria comunitaria. Será no Círculo de Comunidade no Monte Cambeiro. Corcubión.
Esta públicación é un proxecto da cooperativa Azul mais Verde co apoio e financiamento da Fundación Daniel y Nina Carasso
Acompañádenos a construirmos entre todas e todos un monte de futuro máis autóctono, máis verde e máis noso.
Un saúdo ecosocial rexenerativo e cultural!
VÉMONOS NO MONTE!
A tua doazón conta!
Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.




















