O Programa Vai de Roteiros 2010/2011 inicia a súa andaina cun roteiro pola Península de Vares que acolle opunto máis setentrional da península Ibérica e, ademais, marca divisoria xeográfica entre o océano Atlántico e o mar Cantábrico. Esta zona está dentro da Rede Natura 2000. O roteiro ten unha lonxitude de 14 km de dificultade media-baixa onde coñeceremos lugares como o Barqueiro, o Facho Maeda ou Faro de Vares
Comezamos na estación de FEVE do Barqueiro, e visitamos o porto e a vila do Barqueiro, que aínda conservan un certo arrecendo das antigas vilas mariñeiras. Serpeando polas rúas, saímos da vila cara á canteira “Mina Sonia”, no Monte Cañoles. Dende esta alto disfrutaremos das primeiras e fermosas panorámicas sobre a ría do Barqueiro.
Continuamos subindo cara ao alto de Facho Maeda, o punto máis alto da península de Vares con 309 m. Durante toda esta subida poderemos seguir disfrutando das vistas das rías do Barqueiro e Ortigueira, Cabo Ortegal, etc.
Dende aquí imos á Garita, nun tramo llano ao longo da lomba, con boa vista da zona O de Estaca. Dende a garita baixamos cara á Vila de Vares, con igrexa significativa do século XVIII. Visitaremos unha fonte e un antigo lavadeiro, antes de dirixirnos a unha zona con varios muíños encadeados que xa están fóra de uso e en estado semiruinoso. Na mesma zona veremos os restos de dous muíños de vento
Seguimos cara o Norte para visitar o Faro de Estaca, a punta de Estaca, a base militar de EEUU abandonada e finalmente, o observatorio de aves onde, se o tempo o permite, adicaremos un tempiño á observación do paso das aves mariñas. Xunto ao observatorio tamén se conservan en estado de abandono varios muíños encadeados que baixan polo cantil.
Dende aquí afrontaremos a segunda parte do roteiro, dirixíndonos ao Semáforo de Vares, antiga estación militar de radio hoxe adicada a hotel de natureza (aquí poderemos tomar un café). Dende aquí poderemos disfrutar novamente de espectaculares panorámicas de toda a ría do Barqueiro, en especial da Illa Coelleira e do Porto de Vares, onde nos dirixiremos voltando pola mesma pista e xirando á esquerda. No Porto de Vares visitaremos un lavadeiro, o conxunto de casas mariñeiras ben conservado e o peirao fenicio, así como outras curiosidades históricas desta vila.
Dende aquí un bus nos conducirá de novo á estación de FEVE no Barqueiro para coller o tren de volta a Ferrol.
-
Percorrido: 14 km
-
Dificultade: media-baixa
-
Superficies: pistas asfaltadas e de terra
-
Puntos de interese: panorámicas das Rías de O Barqueiro e Ortigueira, muíños de auga e de vento, fontes, lavadeiros, Faro de Estaca, observación de aves, o Semáforo, vilas de O Barqueiro, Vila de Vares e Porto de Vares, peirao fenicio.
-
Prezo: en función do custo dos transportes FEVE-autobús (sobre 10 €)
-
Lugar e hora de saída: Estación de FEVE (Ferrol) ás 10:30 hs. Chegada á Estación de O Barqueiro ás 12:00 h.
-
Lugar e hora de volta: Estación de O Barqueiro ás 19:41 hs. Chegada á Estación de Ferrol ás 21:10 hs.
-
Recoméndase levar roupa e calza axeitados.
-
Inscripcións: T. 661 63 69 46/ ferrol@verdegaia.org