Logo de varios conatos polo mal tempo neste outono, o domingo 17 de decembro volta a deseucaliptización en Froxán. Estaremos no Chán de Avelán, onde acabaremos de eliminar eucalipto nunha zona de bosque de ribeira adquirida pola Fundación Montescola co apoio da Deputación da Coruña para a súa rexeneración ambiental e conservación (a da fotografía que aparece neste email). Esperamos deixar a zona pronta para plantar en xaneiro e febreiro, e faremos por plantar xa algúns pes pola beira do río.

A xornada, que esta vez esperamos que sexa solleira, comezará ás 9:30. Aplicaremos a técnica de descasque en tocóns e comezaremos os traballos de recuperación da Taberna da Revolta Nova, futuro punto de encontro das Brigadas.

O punto de encontro será o estacionamento do “Quartel da Revolta” (hoxe “Restaurante”) no Chán de Avelán, aonde se pode chegar seguindo as indicacións ao Museu Mineiro San Finx. O lugar da intervención está a poucos metros. Na zona hai tamén un parque infantil.

Para participar é imprescindíbel, alén de estardes inscritas como Brigadistasenviar un correo electrónico a info@montescola.org ata COMO MOI TARDE o mércores día 14 de decembro. Por favor, inscríbite só se podes vir.

Sendo a última roga do ano, lembrámosvos que podedes facer unha doazón recorrente de 1 euro mensual a través de Teaming. A doazón supón unha deducción no IRPF do 80%, polo que para que che desgrave na declaración no próximo ano non deixes de facer a túa doazón antes de acabar o mes.

Se aínda non tes a túa camisola de brigadista, lembra de avisarnos da túa talla no email para que che teñamos unha reservada. Avísanos tamén en caso de restricións alimentarias.

VÉMONOS NO MONTE!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.

Moeda social “A Sabia” para as brigadistas participantes

Verdegaia colabora coa moeda social A Sabia na procura de crear sinerxías entre persoas e redes sociais, comunitarias, solidarias e ambientais fomentando o consumo de proximidade baseado na confianza e o apoio mutuo, e procura favorecer o pequeno comercio e o autoemprego.

A Sabia ofrece, ás e aos Brigadistas que o desexen, unha cantidade en moeda social que poderán recibir na súa conta cada vez que participen nunha brigada como a desta convocatoria.

Para poder recibir a moeda hai que abrir unha conta na aplicación Cyclos: e enviar un email a compostela@verdegaia.org ou un correo á conta de cyclos de Verdegaia informando do seu interese en recibir a moeda.