Venres 17 de Abril, a Ra! e a PGA , das que fai parte Verdegaia, convocan a participar nun acto reivindicativo co gallo do Día Internacional da Luita Labrega. Ás 17:30 horas, na Praza Roxa de Santiago de Compostela, representarase a morte da agricultura labrega e repartirase información nas imediacións do Carrefour. Prégase asisitir con roupas negras.

17 de Abril de 1996 a policía militar matou 19 sen terra e feriu máis de 60 en Eldorado dos Carajás, Brasil, ao reprimir unha manifestación do MST . A Vía Campesina declarou esta data Día Internacional da Luita Labrega.