
O vindeiro sábado, 16 de xullo, a asociación ecoloxista Verdegaia e a asociación cultural Alén Nos organizarán un roteiro semi-nocturno polo río Fondón e Monte Penide, en Redondela. Quedaremos ás 19:30 na Igrexa de Trasmaño, punto ao que volveremos ao redor de catro horas e media máis tarde, tras percorrermos primeiro o río Fondón ata as brañas do seu nacemento, e logo todo o complexo megalítico de Monte Penide. Remataremos por volta das 24:00 horas. O roteiro é de dificultade media.
Para o roteiro é inprescindíbel non esquecer calzado axeitado e lanternas, e se queredes compartir coche ou ir en transporte público, facédenolo saber para poder recoller e xestionar a toda a xente que o poida precisar.
Para máis información contactar con Roi Seoage: 661 24 06 05, vigo@verdegaia.org