Como cabras! Poda de frondosas e control de especies invasoras no Fieitoso (Taragoña)

Na parte da tarde, organízase unha visita para coñecer o proxecto de gandeiría rexenerativa con cabras da CMVMC do Fieitoso de Tarogaña

As Brigadas voltan ao Monte Veciñan en Man Común do Fieitoso, en Taragoña (Rianxo), da man da Fundación Montescola e do proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático. O sábado 15 de marzo traballaremos nunha parcela do monte na que a comunidade está rexenerando unha masa de frondosas autóctonas. As participantes aprenderán a realizar podas de formación e, en simultáneo, eliminaranse exemplares de acacia negra presentes na zona. O prazo para se apuntar é o xoves 13 de marzo.

Na parte da tarde, logo do xantar de albaroque, a Comunidade anfitrioa presentará o seu proxecto de gandaría rexenerativa con cabra para o control de especies invasoras, prevención de incendios e implicación da comunidade educativa no coidado do monte. A visita está encadrada no proxecto Erasmus+ transfronteirizo De monte a monte, na que colaboramos Verdegaia, Montescola e Veredas da Estrela.

Para vos apuntardes debedes enviar email a info@montescola.org. Pídese compromiso de participación para quen se inscriba para non malgastar recursos valiosos á hora de encomendar a comida.

VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.