O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático organiza o sábado 14 de decembro unha nova xornada de voluntariado, desta vez no lugar de Ranón, en Valdés (Asturias). Nesta nova xornada, para a que tamén están convocadas as participantes das Brigadas, eliminaremos especies exóticas invasoras e colaboraremos a consolidar zonas de frondosas nun territorio que se viu afectado na última vaga de lumes.

Para vos apuntardes debedes enviar un email cos vosos datos a info@montescola.org até o 12 de decembro a máis tardar, comprometendo asistencia. A veciñanza da Asociación de Vecinos San Francisco de Ranón organizará un tradicional albaroque ao finalizar os traballos no Solar de los Ancestros (ou a cuberto se o tempo non acompaña).

Varias participantes están auto-organizando aloxamento nuns apartamentos do propio lugar para as noites do venres 13 e do sábado 14, cun prezo que variará entre os 20 e 25 euros por persoa e noite dependendo do número de persoas que se hospeden. Se tes interese en aloxarte, envía un email avisando ata o venres 6 para poder garantir a reserva.

As prazas son limitadas. Non demoredes en vos apuntar.

VÉMONOS NO MONTE !!!

A tua doazón conta!

Serán moi benvidas as doazóns voluntarias e fiscalmente deducíbeis ao proxecto por medio da plataforma Teaming.