12 Meses, 12 Saberes: Unha campaña anual para dar a coñecer o noso patrimonio
No mes de febreiro iremos ata a praia de Abra situado na baía de Patos (Nigrán). Este fermoso areal, situado mesmo ao carón da península de Monteferro, sofre un unha lacra común a todas as nosas praias, a constante achega de lixo proveniente do mar.
A actividade deste mes consistirá en ir atopando diferentes residuos, clasificándoos, reflexionando sobre a súa procedencia e tentando recoller os que se poida.
Ao rematar realizaremos unha reflexión sobre os 3R, os recentes cambios na lexislación sobre os residuos e a multa da UE a España e Galicia por incumprimento da lexislación.
Levaremos luvas e bolsas, ti trae unha toalla para gozar das vistas ao rematar a actividade!
.Data: Sábado 15 de febreiro, de 10:30 a 13:30
.Punto de encontro: Praia de Abra (Patos – Nigrán)
.Inscrición: A partir do xoves 6 e ata o xoves 13, con preferencia para persoas socias ata o día 9.
A inscrición é gratuíta pero obrigatoria escribindo info@verdegaia.org, indicando: nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos e un número de teléfono.
Trackbacks/Pingbacks