Este fin de semana visitamos as Gándaras de Budiño, dentro do programa de roteiros que realizamos ao longo de 2024.
Un espazo que sempre nos sorprende cos seus atractivos que fan desta zona tan especial.
Aínda así, e a pesar de ser un espazo natural protexido, as Gándaras de Budiño enfróntanse a certa xente que está nas antípodas dos principios que defendemos en Verdegaia. Esta mesma semana presentaremos denuncia no Seprona polo vertido de entullo e instaremos á administración competente para que eliminen os pés de Herba da Pampa que van agromando antes de que infesten toda a zona. Sobre as toalliñas botadas preto do Camiño de Santiago é máis complicado realizar accións e trátase de concienciar á poboación, peregrinos e visitantes da zona…
En Setembro iremos a Cangas para unha andaina na que observaremos aves de costa, anímaste?