Ruta etnobotánica
Herbas do solsticio de verán e outros usos tradicionais
O sábado 21 de xuño celebramos a chegada do Verán cunha ruta interpretativa polos montes de Zamáns (Vigo).
Estará adicada ás plantas típicas do solsticio, aprenderemos a identificalas e coñeceremos os usos tradicionais que se facían destas plantas aproveitando a súa singular composición.
A Herba de San Xoán, os Estralotes ou a Herba dos carpinteiros son só algunhas das que poderemos observar nunha zona do rural vigués onde os prados que rodean as instalacións da Universidade de Vigo presentan unha gran diversidade de flora.
Os participantes recibirán ao inicio da actividade un folleto con fotografías e características dalgunhas das plantas que iremos observando ao longo do paseo. Ao rematar, dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.
Data: sábado 21 de xuño, de 11 a 13h.
Punto de encontro: Faculdade de Bioloxía (Vigo) – 42°10’02.0″N 8°41’09.8″W
Inscrición: gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando un número de teléfono, o nome de cada persoa, e especificando se algunha é menor de 14 anos



















