Verdegaia ven de presentar o calendario deste ano da campaña 12 Meses, 12 Saberes. Celebrando unha andaina cada mes na que visitaremos espazos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego, aprendendo aspectos tan variados como técnicas para rastrexar animais, métodos de protección de aves protexidas ou curiosidades históricas do famoso Banquete do Conxo.

As condicións climatéricas obrigáronnos a aprazar o inicio da campaña ata este mes de marzo, realizando unha ruta polos montes de Saiáns (Vigo) no que aprenderemos a seguir o ratro de animais como esquío, porco bravo, aves… mediante a interpretación dos vestixios que van deixando.

  • Guía: Diego Vieitez
  • Data: sábado 28 de marzo, de 11:00 a 13:30
  • Punto de saída: Fonte da Rabilonga, Saiáns (Vigo) – 42°10’14.3″N 8°47’58.1″W

Inscrición: Limitada a 20 persoas, as socias terán preferencia.

A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, especificando se algunha é menor de 14 anos, e un número de teléfono.