Verdegaia continúa coa campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ que decorre ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema ambiental que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI).
Este mes de Xuño adicámolo á Herba da Pampa (Cortaderia Selloana), na ficha adxunta recollemos datos básicos sobre esta planta e o Sábado 17 de Xuño realizaremos unha actividade de eliminación en Aldán (Cangas) na que explicaremos os métodos máis efectivos para conseguir erradicala.
A Herba da Pampa, tamén coñecida popularmente como Plumacho, é unha planta orixinaria da América do Sur que na Galiza empezou a estenderse por medios alterados como autovías pero que rapidamente se estendeu a espazos naturais. Actualmente a situación está completamente descontrolada verificándose que cada ano aumenta a superficie ocupada por esta planta.
Así, o Sábado 17 de Xuño ficamos ás 19:00 na Área recreativa Cruz do castro no Hío (Cangas) 42°15’54.9″N 8°49’42.0″W. A participación é gratuíta e a organización prestará as ferramentas e as luvas necesarias.
