Verdegaia continúa coa campaña ‘12 Meses, 12 Invasoras’ que decorre ao longo deste 2023 co obxectivo de visibilizar o problema ambiental que supoñen as Especies exóticas invasoras (EEI).

Este mes de Agosto adicámolo á Tradescantia fluminensis (Orella de gato, Herba da fortuna ou Amor de home), unha planta orixinaria da América do Sur que se extende principalmente por cursos fluviais creando un tapete tan denso que impide o crecemento doutras especies.

No último Domingo do mes realizaremos unha actividade no río Lagares en Cabral (Vigo) onde incidiremos en dous aspectos básicos para facer fronte á expansión desta planta:

  • entender a súa extraordinaria capacidade colonizadora;
  • poñer en práctica técnicas para a súa eliminación.

Contacto: 691 657 039